Aviso legal

O presente aviso legal regula as condicións xerais de acceso e utilización do sitio web accesible no enderezo URL https://riadevigobaixomino.gal (en diante, o sitio web), que EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste pon a disposición das persoas usuarias de Internet.

A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal. En consecuencia, o usuario deste debe lelo atentamente cada vez que se propoña utilizar a web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do seu titular ou a causa dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou na práctica empresarial.

1.- TITULARIDADE DO SITIO WEB

Razón Social Da Empresa: Asociacion de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

Nome da titular: Sandra González Álvarez (presidenta da asociación)

Domicilio social: Avenida Peinador, 39 – 1º andar, Tameiga

Población: Mos

Provincia: Pontevedra

C.P.: 36416

CIF/DNI: G36889780

Teléfono de contacto: 986443030

Correo electrónico: info@eurural.org

2.- OBXECTO

O sitio web facilítalles aos seus usuarios o acceso a información e servizos prestados por EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste ás persoas ou organizacións interesadas neles.

3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB

3.1.- Carácter gratuíto do acceso e utilización da web

O acceso á web ten carácter gratuíto para os seus usuarios.

3.2.- Rexistro de usuarios

Con carácter xeral o acceso e a utilización da web non esixe a previa subscrición ou registro dos usuarios desta.

4.- CONTIDOS DA WEB

O idioma principal utilizado polo titular na web será o castelán, seguido do galego. EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da web polo usuario, nin das súas consecuencias.

EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste poderá modificar na web os contidos sen previo aviso, suprimilos e cambialos, así como a forma en que se accede a estes, sen xustificación ningunha e libremente, e non se responsabiliza das consecuencias que estas modificacións poidan ocasionarlles aos usuarios.

Prohíbese a utilización dos contidos da web para promover, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste, nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

As ligazóns que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidas a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, e non se poderán manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste.

5.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Tanto o acceso á web como o uso sen consentimento que poida efectuarse da información contida nela é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perda que puidesen derivarse do devandito acceso ou uso. EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste non se fai responsable dos erros de seguridade que se poidan producir nin dos danos que poidan causar ao sistema informático do usuario (hardware e software) ou aos ficheiros ou documentos almacenados nel, como consecuencia

  • da presenza dun virus no ordenador do usuario que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web,

  • dun mal funcionamiento do navegador,

  • e/ou do uso de versións non actualizadas deste.

EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste non se fai responsable da fiabilidade e da rapidez das hiperligazóns que se incorporen na web para a apertura doutras. Tampouco garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio delas, nin do bo funcionamento destas webs.

EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou ootras webs ás que se accedese mediante ligazóns desta web.

6.- EMPREGO DA TECNOLOXÍA “COOKIE”

A web emprega cookies. Pode consultar a nosa política de cookies, que respecta en todo momento a confidencialidade e a intimidade.

7.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Son propiedade de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da web, así como dos contidos que alberga. Calquera uso da web ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular. Calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste.

8.- POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCION DE DATOS

EuRural–Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste garante a protección e a confidencialidade dos datos persoais, de calquera tipo, que nos proporcionen as nosas empresas clientes de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal.

Todos os datos facilitados polas nosas empresas clientes a EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste ou ao seu persoal serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste, imprescindibles para prestar os servizos solicitados polos usuarios.

Os datos facilitados serán tratados segundo o Regulamento de Medidas de Seguridade (Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro) Neste sentido EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste adoptou os niveis de protección que legalmente se esixen, e instalou todas as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración e acceso non autorizado por terceiros. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. En caso de que considere oportuno que se cedan os seus datos de carácter persoal a outras entidades, o usuario será informado dos datos cedidos, da finalidade do ficheiro e do nome e enderezo do cesionario, para que dea o seu consentimento inequívoco ao respecto.

En cumprimento do establecido na RXPD, o usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para iso debe de contactar connosco en info@eurural.org.

9.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE

O presente aviso legal Interpretarase e rexerase de conformidade coa lexislación española. EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro fuero que puidese corresponderlles, sométense ao dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou uso da web. No caso de que o usuario teña o seu enderezo fóra de España, EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste e o usuario, sométense, con renuncia expresa a calquera outro fuero, aos xulgados e tribunais do domicilio de EuRural – Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste.

X