Empresas de todos os sectores daranse cita en Nigrán para tecer lazos de unión para promocionar o territorio

Empresas de todos os sectores daranse cita en Nigrán para tecer lazos de unión para promocionar o territorio

O vindeiro 14 de novembro organiza a terceira edición do Workshop do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

 

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa tecendo lazos para promocionar o territorio dunha forma unida. Por este motivo, o vindeiro 14 de novembro organiza a terceira edición do Workshop de empresas turísticas, unha nova xornada que servirá para poñer en contacto a entidades turísticas con empresas doutros sectores dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) para impulsar o traballo en rede e dar pulo a sinerxías que faciliten a creación de novos produtos turísticos e á promoción do territorio como destino.

Este novo taller terá lugar ás 18.00 horas nas instalacións de Trisk-Ale no Porto do Molle, en Nigrán, que permitirá seguir ao camiño iniciado con grande éxito hai xa un ano e reforzado tras os dous primeiros encontros realizados en Tui e Redondela.

Neste encontro as empresas participantes disporán aproximadamente de dúas horas para coñecer outras entidades de todo o territorio e establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino ou empresas do sector primario, favorecendo a posta en marcha de colaboracións, iniciar alianzas e a creación de espazos para artellar novas experiencias turísticas.

Tras o workshop servirase un cocktail de degustación no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións. As persoas e entidades interesadas en participar poderán inscribirse a través dun formulario web.



X