EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos no Festival de Cans

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos no Festival de Cans

Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto ‘Eureka Reto Rural’

 

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillaron baixo os focos na última edición do Festival de Curtametraxes de Cans, un dos encontros máis relevantes do panorama audiovisual galego que cada ano reúne a destacados persoeiros do mundo do cinema e a milleiros de afeccionados á sétima arte.

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos no Festival de CansGran escenario para promocionar o territorio, a participación de EuRural e Xeodestino comezou na contraportada do Canzine, o xornal oficial do festival, que luciu na súa páxina final unha publicidade especial da experiencia turística ‘Eureka Reto Rural’, reforzando a visibilidade e o impacto dunha iniciativa que está a percorrer os 14 concellos do territorio con xogos de escapismo ao aire libre cos que coñecer os municipios e que está a ter unha grandísima acollida por parte do público.

Pero como non podía ser doutro xeito nun festival de curtas, EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño amosou durante os tres días de festa o vídeo da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’, unha campaña protagonizada por persoas reais que co seu traballo diario conquistan ás persoas que visitan calquera dos 14 concellos que integran o Xeodestino e que foi presentada a principio de ano en FITUR, un dos principais encontros do sector turístico en Europa.

Antes do acto inaugural do Festival proxectouse de forma íntegra o vídeo, que foi moi ven recibido por parte do público. Ao longo do sábado, as promocións da campaña foron proxectándose ao longo do día, mantendo así viva a atención sobre EuRural e o Xeodestino. A participación rematou co visionado de novo da peza completa antes da actuación central do festival, permitindo ás e aos espectadores afondar aínda máis nas posibilidades que ofrece o territorio para un turismo auténtico, enriquecedor e de calidade.

Coa súa participación no Festival de Cans, EuRural e Xeodestino “reafirman a súa aposta por dar a coñecer e promocionar as potencialidades turísticas e culturais do territorio empregando plataformas e eventos de gran visibilidade coma esta para chegar a un público amplo e diverso”, como salienta a presidenta da asociación de desenvolvemento rural, Sandra González.

Pola súa banda, a representante institucional do Xeodestino, Cristina Correa, destacou a importancia de participar en eventos culturais de gran repercusión, “unha oportunidade inigualable para amosar as iniciativas de turismo sostible que estamos levando a cabo e amosando ao público o amplo abano de experiencias polas que apostamos no territorio”.

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos no Festival de Cans



X