Mergúllate nas batallas e asedios protagonizados polos franceses cos que o sur de Galicia inaugura o período contemporáneo a través desta ruta única. Batallas e asedios anuncian as importantes transformacións sociais, económicas e científicas que sacudirán a rexión.
Tui perde a súa condición de capital de provincia do Reino de Galicia en 1883, nacen os concellos, xurde un novo modelo urbanístico e de xestión do espazo público, modernizaranse as infraestruturas viarias e apreciarase unha transformación industrial do territorio. A intensa emigración cara a América propicia un transvasamento cultural que se verá representado na característica arquitectura indiana.