
Peixes e mariscos
No porto de Panxón
captúranse peixes e mariscos
que logo sérvense nos
restaurantes da zona.
Atoparás robaliza, rodaballo,
linguado, San Martiño e rape,
así como centola, nécora,
lumbrigrante, lagosta,
santiaguiños, ameixas,
berberechos, mexillóns e navallas.
· Nigrán ·
Viño
Coa súa variedade principal,
o albariño, escoltada
por outras variedades
clásicas minoritarias.
· O Rosal ·
Mirabel
Unha froita gourmet que poderás
probar fresca nos meses
de xuño e xullo e
en conserva ou elaborados
de todo tipo como galletas,
cervexa, confeitura... todo o ano.
· O Rosal ·
Productos da horta
Desfruta todo o ano
de grelos, tomates, patacas...
cultivadas nesta rica
terra.
· O Rosal ·
Ostra de Arcade
Poderás degustala todo
o ano, aínda que a mellor
época é en marzo e abril,
momento no que se
celebra a festa de promoción.
· Soutomaior ·
Albariño
Un viño único e
diferente do que
gozar todo o ano.
Cada ano réndese
tributo a estes caldos
no mes de xullo.
· Soutomaior ·
Chafaina e carne do Suído
Proba este plato único coa chanfaina,
unha longaínza tradicional que se fai
coas mellores partes do porco,
e a carne do Suído, criada en liberdade
no monte e preparada á brasa
con ovos da zona.
Celebra a súa festa en xullo.
· Fornelos de Montes ·
Rosquillas de follado
elaboradas seguindo a
receita tradicional, a man
e sen conservantes.
Rosca de nata
suave e esponxosa.
Recomendacións para os
visitantes aos que lles gusta o doce.
· Gondomar ·
Froita
Tomiño é coñecido polo seu
cultivo de froitas como o kiwi,
o aguacate ou a mazá
en calquera dos seus elaborados.
· Tomiño ·
Sábalo
Un manxar pescado
na desembocadura do
Miño que pode degustarse
nos meses de marzo,
abril e maio. Como o salmón,
vive no mar e desova en
augas doces.
· Tomiño ·
Empanada de millo
Especialidade da localidade
para desfrutar cos recheos
máis variados ao longo de todo o ano.
· Mos ·
Codillo
Aínda que pode degustarse
todo o ano, a Festa do Codillo
a terceira fin de semana de setembro
é unha das citas gastronómicas
máis importantes da comarca.
· Mos ·
Choco
Produto gastronómico estrela, do que cada primeira quincena de maio se celebra
a súa festa.
· Redondela ·
Volandeira, longueirón,
ameixa e berberecho
Marisco da ría
á altura dos padais
máis esixentes.
· Redondela ·
Pan de O Porriño
Prueba este pan con certificado
de Indicación Geográfica Protegida (IGP),
realizado siguiendo un procedimiento
artesano con harinas sin aditivos,
parte de ellas de trigo
cultivado en Galicia.
· O Porriño ·
Callos
Prato que non pode
faltar no menú deste
municipio durante
todo o ano. Celebra
a súa festa gastronómica
en setembro.
· O Porriño ·
Torta imperial
Irresistible doce que
conquista todos os
padais, tanto na súa
versión clásica, con nata,
como coa infinidade de
coberturas que ofrece.
· O Porriño ·
Chulas
Réndete a esta sobremesa
típica galega á que a
localidade fai unha merecida
homenaxe o primeiro domingo
de setembro.
· Pazos de Borbén ·
Cacheira
De xaneiro a marzo non
podes perderte este prato
que se serve como manda
a tradición: cocida e
partida acompañada de
chourizo e grelos.
Cunha consolidada festa
gastronómica que se celebra
cada inverno.
· Pazos de Borbén ·
Ovos
De casa e preparado dos
xeitos máis variados,
aínda que o tradicional prato
de ovos con patacas e
chourizo segue sendo a
estrela. En maio
celebran a súa festa
gastronómica.
· Pazos de Borbén ·
Peixiños de améndoa
Un pracer gastronómico
celestial que nace das
mans das Clarisas,
as monxas encerradas.
· Tui ·
Dulces das Monxas
En pleno casco histórico sitúase o Convento das Madres Dominicas,
do s. XVI. Nel as monxas elaboran de forma artesanal diferentes doces
variados que poden adquirirse no propio convento. Se ben os doces xa
merecen a pena, non menos peculiar é a forma de adquirilos: ao ser monxas de clausura,
non teñen contacto visual coa clientela e
véndenos a través dun torno situado
no lateral do convento. Ao acceder, o cliente toca un timbre (que substituíu á
antiga campá existente) e é atendido por unha relixiosa que saúda
coa frase “Ave María Purísima”. O cliente fai o pedido e desde o interior
viran o torno, onde poranse os cartos e dende onde lle facilitarán os doces.
· Baiona ·
Polbo
Capturado nas augas de Baiona.
A receita máis típica para degustalo
é ao estilo tradicional, á feira,
aínda que dende hai uns anos o polbo á brasa
acompáñao na gran maioría das cartas.
· Baiona ·
Mariscos
Aínda que son variadas as
especies que se capturan ou
extraen nestas costas
destacan, sobre todo, o
percebe, a ameixa e a nécora.
· Baiona ·
Marruchos
É o nome que se lle dá ás filloas
de leite (ou crepes doces).
Aínda que é unha sobremesa moi típica do Entroido, o certo
é que aquí podereomos
atopala durante todo o ano.
· Baiona ·
Boleardo
Desfruta da trenza ou rosca,
típica de Pascua, que aquí é
posible adquirir en calquera
data. Non soe estar incluído
na carta de sobremesas dos
restaurantes pero pode
mercarse en calquera
panadería ou pastelería.
· Baiona ·
Peixes
La baía acolle gran variedade
de peixes, entre os que
destaca o rodaballo e a
robaliza, coa que se elabora
a robaliza á sal, moi
demandada nos
restaurantes especializados.
Pide unha “caldeirada” para
degustar un variado dos
nosos peixes.
· Baiona ·
Tarta de Sarmiento e Ñoclos de Pinzón
Non te perdas esta tarta, tipo empanada doce,
rechea de mazá, elaborada a raíz dunha receita
ancestral dunha familia panadeira. Debe o seu
nome a Cristóbal García Sarmiento, piloto
da Carabela Pinta. Tampouco podes marchar sen probar
os ñoclos, feitos cunha masa parecida á
dos melindres e que se chaman así na honra
do Capitán da Pinta: Martín Alonso Pinzón.
Conta a lenda que, á chegada da Pinta a Baiona,
la tripulación, derreada e esgotada pola viaxe,
foi obsequiada con este doce polo rexedor da Vila.
Ambas son sobremesas que só poden adquirirse
nos postos específicos durante a celebración
da Festa da Arribada no mes de marzo.
· Baiona ·
Peixe espada
O sector pesqueiro da Guarda evolucionou cara a
frota de altura e na actualidade conta coa frota
de palangre máis importante de España con barcos en
todos os océanos. 40 anos despois o peixe espada ou
emperador é unha das súas variedades estrela e conta
cunha festa gastronómica para dalo a coñecer
público que se celebra a última fin de semana de xullo.
Os restaurantes ofrecen nas súas cartas e menús o peixe
espada na súa elaboración máis coñecida, á prancha con
pataca cocida, aínda que pode prepararse en croquetas,
empanada, escabeche, rebozado...
· A Guarda ·
Conservas de Orpagu
A Organización de Palangreiros Guardeses que
congrega gran parte da frota lanzouse á elaboración de
produtos como conservas de peixe espada, atún ou quenlla.
Despois da excelente experiencia están a ampliar
con novas receitas como a hamburguesa de espada.
Tes que probalas!
· A Guarda ·
Langosta
A pesca da lagosta remóntase ao século XIX empregando embarcacións
a vela, logo chegarían as embarcaciones a vapor e as cetarias, viveiros na beira
do mar onde se conservaban vivas as lagostas para despois comercializalas en toda España.
A primeira festa da lagosta realizouse en 1990 como unha exaltación deste
marisco e unha puesta en escena dos restauradores guardeses como atracción gastronómica.
Na actualidade é a raíña na mesa na Guarda e os restaurantes ofrécena á
prancha ou cocida coa incorporación de novas elaboracións como os arroces,
salpicón, croquetas... A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira celébrase a primeira fin de semana de xullo.
· A Guarda ·
Rosca de xema
Sobremesa de renome cunha receita elaborada
por un confeiteiro do municipio.
Desde os anos 50 pode degustarse a
rosca de xema nas pastelerías e
panaderías da vila, onde gardan
o segredo da súa elaboración tan particular.
· A Guarda ·
Pesca fluvial de tempada
Durante os meses de outono e inverno a panorámica da desembocadura do río
cambia coas embarcacións faenando. Empeza a tempada de captura do meixón
de novembro a marzo durante as noites escuras de lúa. O meixón é tan apreciado
que a maior parte comercialízase fóra de España.
A lamprea captúrase de xaneiro a abril. Os pescadores lanzan unha rede coñecida como lampreeira xusto
cando está baixando a marea e comeza a subir. Ese é o momento no que con
maior probabilidade as lampreas comezarán a remontar o río. Os restaurantes da
Guarda elaboran principalmente lamprea á bordalesa. Pode requerir encargo
previo ao ser un prato de tempada que require unha elaboración moi minuciosa.
De marzo a finais de maio tamén poderás degustar sábalo, un peixe moi valorado polo seu característico sabor.
· A Guarda ·