Fortaleza de Monterreal (Baiona)
Metade fortaleza medieval, metade pazo galego, a fortaleza de Monterreal é unha das máis grandes que se conservan en toda España. Foi aquí tamén onde, o 1 de marzo de 1493, atracou unha das carabelas da expedición que Cristovo Colón capitaneara cara ás Indias. Tratábase da Pinta, coa que chegou a noticia do descubrimento de América.