O patrimonio escondido do xeodestino está aos teus pés. Eurural
O xeodestino lanza unha nova ruta para descubrir o patrimonio oculto do territorio, no que se poden visitar diferentes puntos do patrimonio oculto dos 14 concellos. Goza das sensacións deste patrimonio oculto, vive e sénteo. Viaxa de cidade en cidade descubrindo dúas rutas de patrimonio oculto. O patrimonio oculto de Fornelos de Montes, o patrimonio oculto de Pazos de Borbén, o patrimonio oculto de Soutomaior, o patrimonio oculto de Redondela, o patrimonio oculto de Mos e O Porriño, o patrimonio oculto de Gondomar, Nigrán, Baiona e Oia ou o patrimonio oculto do Baixo Miño.
O río Barragán, en Fornelos de Montes, adéntrase nun pequeno val ao pasar xunto á localidade de Freaza. Descubre este tramo no que se suceden unha serie de muíños de auga reconstruídos e que hoxe forman parte tamén da coñecida senda do Barragán, que discorre polas fragas deste río e que nos conduce por lugares espectaculares cheos de historia e natureza.
Sobre o río Parada atoparás a ponte Anceu, unha construción secular que une os concellos da Lama e Fornelos de Montes. Formaba parte dunha ruta de arrieiros que levaban as súas mercadorías desde O Ribeiro ata Pontevedra. Foi un camiño de grande importancia para o desenvolvemento da comarca, xa que nel se situaban cantinas, ferrerías e outras actividades. Antes de chegar ata a ponte Anceu, a ruta dos arrieiros debía de pasar sobre o río Couñago, razón pola que no século XVIII se constrúe unha fermosa pontella para poder cruzalo.
Inicia esta ruta iníciase nas casas indianas da parroquia de Xunqueiras e continúa pola igrexa, co seu espectacular cemiterio, un dos máis coñecidos pola calidade dos seus traballos en pedra. En 1919, 1922 e 1931 edifícanse varios panteóns de capela central con enterramentos laterais superpostos. A presenza destes edificios foi, en boa medida, a consecuencia do retorno de emigrantes de fortuna que, pouco a pouco, empezaron a ocupar o adro da igrexa. Tras a visita ao cemiterio, continúa ata as casas da parroquia de Moscoso e remata no monumento ao emigrante nese mesmo lugar.
Déixate sorprender polos petos de ánimas que se atopan nunha marxe da encrucillada formada pola estrada que une Amoedo e Moscoso, pequenos santuarios situados nos camiños e representacións materiais de culto aos mortos e a devoción polas ánimas. Arredor deste cruzamento de camiños formouse unha das aldeas da parroquia, onde, ademais, se construíu a casa do Concello. A gran proliferación de petos de ánimas durante os séculos XVIII e XIX permite pensar que moitas persoas mostraron unha acentuada veneración polas ánimas. Esta devoción segue viva entre as xentes de Pazos de Borbén, que adoitan levarlles como ofrenda patacas e millo con formas raras.
Achégate ata a fábrica de Carburos Laforet de Soutomaior, fundada en 1900 polo ilustre enxeñeiro e empresario, pioneiro do sector hidroeléctrico galego, Ramón Laforet Cividanes. Alí contemplarás unha das primeiras produtoras de carburo de calcio de España e un magnífico exemplo de arquitectura industrial en ladrillo. O edifício, que alberga na actualidade o Multiúsos de Arcade, forma parte da Rede Europea de Patrimonio Industrial. É un dos contados edificios da provincia integrado neste proxecto, a través do cal se pon en valor o seu interese cultural.
Pasea pola contorna dos ríos Verdugo e Oitavén e descubre, ademais dunhas extraordinarias paraxes naturais, a ponte medieval de Comboa. Fórmana tres arcos, dos cales dous son de medio punto e outro, o de máis luz, lixeiramente apuntado, característica propia do medievo, do século XIV ou XV. Recentemente restaurada, este monumento é un dos grandes descoñecidos do patrimonio arquitectónico das Rías Baixas.
Descubre esta construción que se remonta aos anos 30 do século XIX. Alberga tallas e panteóns de gran valor artístico que, na súa maioría, desprenden un marcado eclecticismo. Destacan sepulcros como o do alcalde Ramón Pardo Ferro ou o mausoleo do procurador Francisco Crespo Rivas. O cemiterio dos Eidos posúe, así mesmo, gran valor histórico, pois contén unha fosa común cos restos de 42 republicanos represaliados durante a Guerra Civil. A Guerra da Independencia Española tamén deixou pegada neste camposanto, onde se atopa a tumba de John O’Dogherty, un dos heroes da batalla de Ponte Sampaio.
Os cargadoiros de Rande e Coto Wagner constitúen unha significativa referencia á arquitectura portuaria do pasado século XX e ao seu uso en relación coa minería, o comercio e a exportación de minerais de Galicia e de Castela e León. O cargadoiro de Rande construíuse entre 1924 e 1926, promovido por Minerales de Hierro de Galicia, S.A, e o seu peche definitivo foi en 1959. Mentres, A construción do cargadoiro de Coto Wagner levouse a cabo entre 1960 e 1964, pola Sociedad Minero-Metalúrgica de Ponferrada, S.A. Estivo operativo desde 1965 a 1974, cando a crise mundial de inicios dos setenta levou á paralización da súa actividade.
Este estilo acadou un extraordinario desenvolvemento en toda Galicia a partir do segundo cuarto do século XII, é dicir, tras a finalización da catedral de Santiago de Compostela. Percorre as numerosas mostras deste estilo artístico en Mos, entre as que destacan as atopadas nas igrexas de San Salvador en Louredo, que foi reformada en varias ocasións no século XVIII; a de Santa María de Guizán, na que destaca a súa portada, así como unha cornixa sostida por cans; e a de Santiago de Sanguiñeda, construída no ano 1685.
Se che gustan, en Mos atoparás preto dun centenar, entre cruces, cruceiros, petos de ánimas e esmoleiros. Algúns están relacionados entre si como estacións de antigos viacrucis, un tipo de construcións relixiosas das que non se conserva ningunha completa nesta localidade. Visita o cruceiro da Torroeira, en Louredo, un dos máis antigos da comarca e do sur de Galicia. Está datado en 1612, aínda que a súa estrutura foi modificada ao longo dos anos. Poderás atopar outra xoia, recentemente restaurada, na saída do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Situado na rúa dos Cabaleiros, áchase un cruceiro policromado do século XVIII, que, por unha banda, ten a imaxe da Virxe e, pola outra, a de Xesucristo. En canto aos petos de ánimas, destaca o do cemiterio de Petelos, un peto de tipo aberto sen fornela, embutido na parede do cemiterio parroquial.
A industria do granito constitúe na actualidade unha das actividades económicas máis relevantes do Porriño. Porén, estas canteiras eran, a principios de século, explotacións pequenas de pouca relevancia. O arquitecto porriñés Antonio Palacios foi un gran precursor do uso do granito. Empregaríao na construción de gran parte da súa obra, entre a que deixou algúns exemplos na súa propia vila: a Fonte do Cristo, inaugurada en 1905 e inspirada nas tradicionais fontes barrocas galegas, na que destaca a súa tendencia vertical estruturada en dous corpos; a Capela do Cristo, un templo de pequenas dimensións, cunha única nave de planta de cruz latina, inaugurada en setembro de 1899; ou a Botica Nova, proxectada cara ao ano 1909, cunha fachada reticulada na que unha moldura divide as plantas baixa e primeira.
Os hórreos desempeñaron un papel fundamental nos pazos e nas casas nobres do Porriño debido á gran concentración de muíños. A introdución do millo en Galicia, nos comezos do século XVII, ocasionou importantes variacións na nosa agricultura e foi necesario adaptar o hórreo á nova función de almacenar e curar o millo.
Granito e patrimonio etnográfico conflúen tamén no miradoiro da Risca, unha zona do monte Gulpilleira cunha gran variedade de árbores e penedos e cunhas fermosas vistas. Moi preto do miradoiro atópase o cruceiro da Risca e un hórreo de oito pés, de estrutura rectangular, feito con granito do país, exemplo desta extraordinaria arquitectura doméstica na capital do pan por excelencia.
No pierdas la oportunidad de conocer el Calvario da Carballeira, original de 1668, declarado BIC y el segundo calvario más antiguo de Galicia. El conjunto, formado por tres piezas, se encuentra a pie de carretera, en el margen izquierdo del camino de A Nosa Señora do Norte. Las dos cruces posteriores, de ornamentación sencilla, conservan inscripciones muy erosionadas. La principal, de mayor tamaño, presenta una rica decoración con la simbología de la pasión y la imagen de Cristo crucificado esculpido en estilo rústico. El capitel es cilíndrico, con tres anillos superpuestos, y su cruz es cuadrangular con los extremos potenciados.
A tu paso por Gondomar te encontrarás con paisajes con muchos contrastes, con zonas forestales y agrícolas, valles, áreas fluviales a su paso por los ríos Miñor y Zamáns, aldeas y viejos caminos, entre otras cosas.
Te dan la bienvenida los montes de Couso y la capilla de los Remedios. El camino continúa bajando y llega a Gondomar rodeando la muralla del Pazo do Conde para entrar en la parroquia de San Vicente de Mañufe por el lugar de A Pousada. Atraviesa el hermoso e histórico puente de Mañufe y muy cerca se observa el conjunto de crucero y peto de ánimas de O Acordo, a los pies de una carretera que deberás cruzar para continuar el camino.
Comienza a subir hacia la parroquia de Vilaza pasando por el hermoso Calvario de A Carballeira o bien cogiendo la alternativa por el Pazo de Pampillón. Ya en Vincios destaca la proximidad del río Zamáns y los viejos caminos históricos, que recorren los lugares de A Torre y el puente del río Gaiteiro.
Son moitos os pazos e casas señoriais que descubrirás concentrados no concello de Nigrán e que mostran esa nobreza que encheu coas súas construcións boa parte de Galicia. Ademais do Pazo de Brito ou Abacial, o Pazo de Pías ou de Aria, e o Pazo de Lamelas, destacan outros moitos como:
– O Pazo de Cadaval, tamén coñecido como o Pazo de Urzáiz, foi construído entre os séculos XIV e XVIII na parroquia de San Fiz. Malia sufrir diversas reformas ao longo da súa historia, segue conservando a súa identidade orixinal.
– EO Pazo de Cea, declarado monumento histórico-artístico e Ben de Interese Cultural. Trátase d unha casa típica galega construída no século XVI.
– O Pazo da Touza, que comezou a súa historia no século XVI e foi reformado en varias ocasións no século XVIII.
Visitando Nigrás atoparás dúas das xoias románicas do sur de Galicia. Na igrexa de Santiago de Parada poderás ver a única mostra de arte románica relixiosa que se conserva na localidade e unha das poucas de todo o Val Miñor. Dunha soa nave, terminada nunha ábsida semicircular, e cun brazo lateral, presenta remodelacións posteriores, tanto na fachada como no interior. Tamén poderás pasear pola ponte da Ramallosa, unha construción románica sobre o río Miñor que une as parroquias de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina (Baiona). Construída durante o século XIII, é moi probable que substituíse outra ponte de orixe romana, xa que se atopa no trazado da vía romana XX (per locca maritima) do Itinerario de Antonino.
Na parte alta de Baiona poderás atopar o barrio da Santísima Trindade. É neste lugar onde no século XV se instalou un fermoso cruceiro gótico coas figuras de Cristo e a Virxe e unhas figuras policromadas aos pés da Dolorosa, a Magdalena e o Apóstolo Santiago. Tempo despois, foi cuberto cun baldaquino renacentista. Sorprenderache o seu pequeno altar composto por unha lousa de granito xunto ao cruceiro, que servía para realizar as misas aos navegantes que fondeaban e que se resgardaban na baía de Baiona. Por este lugar circulaba a calzada que se coñeceu como Estrada Real e percorría desde A Ramallosa ata A Guarda.
En Baiona poderás viaxar ao pasado visitando a estación de arte rupestre situada a 180 metros de altitude, nun dos socalcos naturais da serra da Groba. Presenta máis de 20 rochas con gravados dunha antigüidade próxima aos 4.000 anos. Sobre todo o conxunto destaca unha parede vertical de 15 metros de longo e cinco metros de altura. Este lenzo excepcional reúne ata 78 figuras, a maior representación de cuadrúpedes da nosa arte rupestre. Tamén, en Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlase a maior concentración de reticulados de Galicia.
Neste barrio nado ao abeiro do mosteiro de Oia atoparás espectaculares exemplos de arquitectura tradicional, como un cruceiro do século XVIII, os edificios de antigos cárceres, o lugar da Picota e a capela de San Sebastián, entre outros puntos de interese. Así mesmo, na enseada fronte á praia do mosteiro destacan os restos da Camboa, unha sorte de pesqueira empregada no pasado para a captura de peixe.
O río Tamuxe, tamén chamado Carballas, divide a serra do Argallo e os montes de Oia. Este val era un paso obrigado para as persoas chegadas do leste que ían cara ao mosteiro de Santa María de Oia. É por iso que varios camiños cruzaban estas serras en dirección a Baiona e á costa de Oia, onde se sitúa o mosteiro. Para vadear o río existían diversas pontes, das cales hoxe xa non queda nada. Con todo, aínda se manteñen en pé moitas pontellas e outros elementos relixiosos que seguen os pasos deses antigos e fermosos camiños primitivos.
Se vas á Guarda tes que visitar a súa fortaleza, coñecida popularmente como castelo, construída arredor de 1664 como parte dos sistemas defensivos que se ergueron no tramo final do río Miño durante a Guerra de Independencia Portuguesa no s. XVII. Localizaralo no centro urbano da vila e conta con dúas portas de acceso peonil. Como se atopa máis elevada que a súa contorna, permite contemplar o centro urbano, o porto e a costa atlántica. No 1665 os portugueses tomaron a fortaleza e a vila, e construíron a atalaia do porto. Hoxe en día pódese visitar unha réplica que alberga o Museo do Mar.
Neste recuncho do noso xeodestino descubrirás as cetarias, viveiros de pedra construídos no século XIX na zona intramareal coas que se mantiña vivo o marisco antes da súa comercialización, algo que facilitou o renome gastronómico da Guarda.
Coa Ruta das Cetarias poderás percorrer a costa ao longo de 4,6 km, comezando ao sur do porto coa primeira delas e continuando cara ao norte. Despois da praia de Area Grande, o sendeiro percorre a costa máis agreste e pódense contemplar os muros de pedra en seco dos terreos agrícolas ata chegar á cetaria máis monumental, coñecida como Cetaria Redonda.
Desfruta deste parque, con abundante arboredo e que ocupa o espazo do que no seu día foi o serradoiro Nandín, Vicente y Compañía, fundado en 1914 e disolto en 1932. Na contorna, aínda poderás ver restos dos muros da factoría e unha alta cheminea circular feita en ladrillo de barro cocido, a cal pertenceu ás caldeiras que movían as serras encargadas do corte da madeira. A poucos metros deste lugar atoparás a histórica ponte do Tamuxe, un dos símbolos do concello do Rosal. De posible orixe romana, tense constancia documental desta infraestrutura desde o século XV. A construción actual é de 1845.
No Rosal tampén poderás ver máis de 50 cruceiros ou almiñas ou petos de ánimas froito do traballo de xeracións de canteiros que achegaron o seu esforzo e saber facer á construción destas estruturas, pensadas para protexer os camiños, pedir indulxencias ou lembrar algún feito relevante. Dentro das construcións populares, son esos petos de ánimas os que nos evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio e así alcanzar a felicidade no ceo. Non podes perderte a ruta que comeza no Calvario e que te levará polo cruceiro de Santo Antón, o cruceiro do Cemiterio, o cruceiro da Cancela de Furnos, o cruceiro Gordo, o cruceiro de Arríbez, as Almiñas do Calán, a Cruz de Martín, o cruceiro do Souto, a Cruz do Picón…
En Tomiño descubrirás grandes exemplos da arquitectura indiana, construcións realizadas maioritariamente entre o último terzo do século XIX e o primeiro do XX que abarcan diferentes tipoloxías e funcións e comprenden edificios públicos e privados, como escolas, salóns, casas consistoriais, lavadoiros, vivendas particulares ou palcos de música, entre outros. Todos eles foron financiados por emigrantes que regresaban de América, a maioría con aforros, uns poucos con fortunas. Unha das súas grandes obras foi a construción de numerosas escolas, como a Unión del Porvenir, rehabilitada no ano 2013. Foi promovida en 1918 por unha sociedade de emigrantes de Tomiño en Nova York, co obxectivo de impulsar a formación dos escolares con propostas progresistas e liberais, e realizar actividades lúdicas e recreativas para as familias dos asociados.
Imprescindible tamén coécer as mostras do románico en Tomiño. Arranca o teu percorrido na igrexa parroquial de Tomiño (Sta. María), procedente do mosteiro de Beneditinas, que antigamente estaba aquí situado e arredor do que xira a maior parte da historia deste municipio. Deixando atrás Vilachán, coa súa capela privada de Sanomedio, a antiga casa dos Pérez Bouzada e a anterior sede do concello, chegarás a Barrantes. Aquí, a igrexa de San Vicente constitúe outra xoia románica, tamén recordo dun antigo mosteiro beneditino. Atoparás ademais nesta parroquia dúas importantes casas brasonadas con acusadas modificacións: a Cerca e a da Inquisición ou dos Franco. Tamén houbo aquí varias capelas, entre as que cómpre destacar a de San Mauro (1650), na que se celebra unha popular romaría o día 15 de xaneiro. Chegando ao final do val do Tebra atópase Santa María de Tebra, igrexa románica do século XII que, ao igual que a anterior, pertenceu, xa en época moderna, á Encomenda de Beade da Orde de Malta.
A comuna xudía medieval tudense tivo unha grande importancia na cidade e deixou unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal núcleo xudeu e xudeoconverso de Galicia. O exemplo máis importante móstrase na catedral, en cuxo claustro gótico se conserva un candelabro de sete brazos, testemuño da cooperación da comunidade xudía da cidade co poder político e económico, o cabido e o bispo, para construír no século XIII unha das xoias arquitectónicas de Tui como é o seu claustro. Os xudeus contaron con todos os elementos propios da súa comunidade relixiosa: sinagoga, xunto á muralla medieval e os antigos palacios episcopais; e cemiterio, xunto ao arrabalde histórico da cidade coñecido como Riomuíños. Tamén poderás atopar a casa de Salomón ou a de Moisés ou Aarón, situadas na rúa das Monxas, que datan do século XV, ademais da Torre do Xudeu (Casa Negra). Mergúllate nesta ruta visitando a colección de “sambenitos” da catedral de Tui conservados no Museo Diocesano, un ben patrimonial único no mundo. Así como a figura do médico e filósofo Francisco Sánchez (Tui, 1550 – Toulouse, 1623), autor da principal obra filosófica do humanisno: Quod nihil scitur.
A historia de Tui tamén está moi ligada ao Camiño de Santiago. A avenida de Portugal, o barrio da Barca ou o Arrabal de Freanxo constitúen os primeiros puntos que atravesan os peregrinos tras pasar a vella ponte. Adéntrate a continuación no conxunto histórico polo Piñeiro, a rúa Sanz, ata chegar á praza de San Fernando, onde a catedral de Santa María sorprende co seu crisol de estilos do románico ao gótico.
A praza do Concello e a canella das Monxas, ao pé do convento das Clarisas, trazan o camiño cara ao túnel das Monxas para seguir serpeando polas estreitas rúas tudenses ata chegar á rúa Coengo Valiño, no barrio de Santo Domingo. A igrexa conventual do mesmo nome érguese ao pé do Camiño, do mesmo xeito que máis adiante o fai a de San Bartolomeu. Á súa beira, o percorrido leva os peregrinos ata un traxecto dominado pola natureza, que desemboca preto da ponte románica da Veiga do Louro. O camiño transcorre entre árbores e cruza despois ata a igrexa da Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, e Ribadelouro para chegar ata a ponte das Febres.
Muíños de Freaza |
|
O río Barragán, en Fornelos de Montes, adéntrase nun pequeno val ao pasar xunto á localidade de Freaza. Descubre este tramo no que se suceden unha serie de muíños de auga reconstruídos e que hoxe forman parte tamén da coñecida senda do Barragán, que discorre polas fragas deste río e que nos conduce por lugares espectaculares cheos de historia e natureza. | |
Ponte Anceu e pontella de Couñago |
|
Sobre o río Parada atoparás a ponte Anceu, unha construción secular que une os concellos da Lama e Fornelos de Montes. Formaba parte dunha ruta de arrieiros que levaban as súas mercadorías desde O Ribeiro ata Pontevedra. Foi un camiño de grande importancia para o desenvolvemento da comarca, xa que nel se situaban cantinas, ferrerías e outras actividades. Antes de chegar ata a ponte Anceu, a ruta dos arrieiros debía de pasar sobre o río Couñago, razón pola que no século XVIII se constrúe unha fermosa pontella para poder cruzalo. |
Ruta da Emigración |
|
Inicia esta ruta iníciase nas casas indianas da parroquia de Xunqueiras e continúa pola igrexa, co seu espectacular cemiterio, un dos máis coñecidos pola calidade dos seus traballos en pedra. En 1919, 1922 e 1931 edifícanse varios panteóns de capela central con enterramentos laterais superpostos. A presenza destes edificios foi, en boa medida, a consecuencia do retorno de emigrantes de fortuna que, pouco a pouco, empezaron a ocupar o adro da igrexa. Tras a visita ao cemiterio, continúa ata as casas da parroquia de Moscoso e remata no monumento ao emigrante nese mesmo lugar. | |
Petos de ánimas de Pazos de Borbén |
|
Déixate sorprender polos petos de ánimas que se atopan nunha marxe da encrucillada formada pola estrada que une Amoedo e Moscoso, pequenos santuarios situados nos camiños e representacións materiais de culto aos mortos e a devoción polas ánimas. Arredor deste cruzamento de camiños formouse unha das aldeas da parroquia, onde, ademais, se construíu a casa do Concello. A gran proliferación de petos de ánimas durante os séculos XVIII e XIX permite pensar que moitas persoas mostraron unha acentuada veneración polas ánimas. Esta devoción segue viva entre as xentes de Pazos de Borbén, que adoitan levarlles como ofrenda patacas e millo con formas raras. |
Fábrica Laforet |
|
Achégate ata a fábrica de Carburos Laforet de Soutomaior, fundada en 1900 polo ilustre enxeñeiro e empresario, pioneiro do sector hidroeléctrico galego, Ramón Laforet Cividanes. Alí contemplarás unha das primeiras produtoras de carburo de calcio de España e un magnífico exemplo de arquitectura industrial en ladrillo. O edifício, que alberga na actualidade o Multiúsos de Arcade, forma parte da Rede Europea de Patrimonio Industrial. É un dos contados edificios da provincia integrado neste proxecto, a través do cal se pon en valor o seu interese cultural. | |
Ponte de Comboa |
|
Pasea pola contorna dos ríos Verdugo e Oitavén e descubre, ademais dunhas extraordinarias paraxes naturais, a ponte medieval de Comboa. Fórmana tres arcos, dos cales dous son de medio punto e outro, o de máis luz, lixeiramente apuntado, característica propia do medievo, do século XIV ou XV. Recentemente restaurada, este monumento é un dos grandes descoñecidos do patrimonio arquitectónico das Rías Baixas. |
Cemiterio dos Eidos |
|
Descubre esta construción que se remonta aos anos 30 do século XIX. Alberga tallas e panteóns de gran valor artístico que, na súa maioría, desprenden un marcado eclecticismo. Destacan sepulcros como o do alcalde Ramón Pardo Ferro ou o mausoleo do procurador Francisco Crespo Rivas. O cemiterio dos Eidos posúe, así mesmo, gran valor histórico, pois contén unha fosa común cos restos de 42 republicanos represaliados durante a Guerra Civil. A Guerra da Independencia Española tamén deixou pegada neste camposanto, onde se atopa a tumba de John O’Dogherty, un dos heroes da batalla de Ponte Sampaio. | |
Cargadoiros de Rande e Coto Wagner |
|
Os cargadoiros de Rande e Coto Wagner constitúen unha significativa referencia á arquitectura portuaria do pasado século XX e ao seu uso en relación coa minería, o comercio e a exportación de minerais de Galicia e de Castela e León. O cargadoiro de Rande construíuse entre 1924 e 1926, promovido por Minerales de Hierro de Galicia, S.A, e o seu peche definitivo foi en 1959. Mentres, A construción do cargadoiro de Coto Wagner levouse a cabo entre 1960 e 1964, pola Sociedad Minero-Metalúrgica de Ponferrada, S.A. Estivo operativo desde 1965 a 1974, cando a crise mundial de inicios dos setenta levou á paralización da súa actividade. |
El románico de Mos |
|
Este estilo acadou un extraordinario desenvolvemento en toda Galicia a partir do segundo cuarto do século XII, é dicir, tras a finalización da catedral de Santiago de Compostela. Percorre as numerosas mostras deste estilo artístico en Mos, entre as que destacan as atopadas nas igrexas de San Salvador en Louredo, que foi reformada en varias ocasións no século XVIII; a de Santa María de Guizán, na que destaca a súa portada, así como unha cornixa sostida por cans; e a de Santiago de Sanguiñeda, construída no ano 1685. | |
Cruceiros e petos de ánimas de Mos |
|
Se che gustan, en Mos atoparás preto dun centenar, entre cruces, cruceiros, petos de ánimas e esmoleiros. Algúns están relacionados entre si como estacións de antigos viacrucis, un tipo de construcións relixiosas das que non se conserva ningunha completa nesta localidade. Visita o cruceiro da Torroeira, en Louredo, un dos máis antigos da comarca e do sur de Galicia. Está datado en 1612, aínda que a súa estrutura foi modificada ao longo dos anos. Poderás atopar outra xoia, recentemente restaurada, na saída do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Situado na rúa dos Cabaleiros, áchase un cruceiro policromado do século XVIII, que, por unha banda, ten a imaxe da Virxe e, pola outra, a de Xesucristo. En canto aos petos de ánimas, destaca o do cemiterio de Petelos, un peto de tipo aberto sen fornela, embutido na parede do cemiterio parroquial. |
Antonio Palacios e o granito do Porriño |
|
A industria do granito constitúe na actualidade unha das actividades económicas máis relevantes do Porriño. Porén, estas canteiras eran, a principios de século, explotacións pequenas de pouca relevancia. O arquitecto porriñés Antonio Palacios foi un gran precursor do uso do granito. Empregaríao na construción de gran parte da súa obra, entre a que deixou algúns exemplos na súa propia vila: a Fonte do Cristo, inaugurada en 1905 e inspirada nas tradicionais fontes barrocas galegas, na que destaca a súa tendencia vertical estruturada en dous corpos; a Capela do Cristo, un templo de pequenas dimensións, cunha única nave de planta de cruz latina, inaugurada en setembro de 1899; ou a Botica Nova, proxectada cara ao ano 1909, cunha fachada reticulada na que unha moldura divide as plantas baixa e primeira. | |
Os hórreos do Porriño |
|
Os hórreos desempeñaron un papel fundamental nos pazos e nas casas nobres do Porriño debido á gran concentración de muíños. A introdución do millo en Galicia, nos comezos do século XVII, ocasionou importantes variacións na nosa agricultura e foi necesario adaptar o hórreo á nova función de almacenar e curar o millo. Granito e patrimonio etnográfico conflúen tamén no miradoiro da Risca, unha zona do monte Gulpilleira cunha gran variedade de árbores e penedos e cunhas fermosas vistas. Moi preto do miradoiro atópase o cruceiro da Risca e un hórreo de oito pés, de estrutura rectangular, feito con granito do país, exemplo desta extraordinaria arquitectura doméstica na capital do pan por excelencia. |
Calvario da Carballeira |
|
Non perdas a oportunidade de coñecer o Calvario da Carballeira, orixinal de 1668, declarado BIC e o segundo calvario máis antigo de Galicia. O conxunto, formado por tres pezas, atópase ao pé da estrada, na marxe esquerda do camiño da Nosa Señora do Norte. As dúas cruces posteriores, de ornamentación sinxela, conservan inscricións moi erosionadas. A principal, de maior tamaño, presenta unha rica decoración coa simboloxía da paixón e a imaxe do cristo crucificado esculpido en estilo rústico. O capitel é cilíndrico, con tres aneis superpostos, e a súa cruz é cuadrangular cos estremos potenzados. | |
Camiño da Nosa Señora do Norte |
|
Ao teu paso por Gondomar atoparaste con paisaxes con moitos contrastes, con zonas forestais e agrícolas, vales, áreas fluviais ao seu paso polos ríos Miñor e Zamáns, aldeas e vellos camiños, entre outros. Dan a benvida os montes de Couso e a capela dos Remedios. O camiño continúa baixando e chega a Gondomar rodeando a muralla do Pazo do Conde para entrar na parroquia de San Vicente de Mañufe polo lugar da Pousada. Atravesa a fermosa e histórica ponte de Mañufe e moi preto obsérvase o conxunto de cruceiro e peto de ánimas do Acordo, aos pés da estrada que se deberá cruzar para continuar o camiño. Comeza a subir cara á parroquia de Vilaza, pasando polo famoso Calvario da Carballeira, ou ben collendo a alternativa polo Pazo de Pampillón. Xa en Vincios, destaca a proximidade do río Zamáns e os vellos camiños históricos, que percorren os lugares da Torre e a ponte do río Gaiteiro. |
Pazos de Nigrán |
|
Son moitos os pazos e casas señoriais que descubrirás concentrados no concello de Nigrán e que mostran esa nobreza que encheu coas súas construcións boa parte de Galicia. Ademais do Pazo de Brito ou Abacial, o Pazo de Pías ou de Aria, e o Pazo de Lamelas, destacan outros moitos como: – O Pazo de Cadaval, tamén coñecido como o Pazo de Urzáiz, foi construído entre os séculos XIV e XVIII na parroquia de San Fiz. Malia sufrir diversas reformas ao longo da súa historia, segue conservando a súa identidade orixinal. – O Pazo de Cea, declarado monumento histórico-artístico e Ben de Interese Cultural. Trátase d unha casa típica galega construída no século XVI. – O Pazo da Touza, que comezou a súa historia no século XVI e foi reformado en varias ocasións no século XVIII. |
|
O románico en Nigrán |
|
Visitando Nigrás atoparás dúas das xoias románicas do sur de Galicia. Na igrexa de Santiago de Parada poderás ver a única mostra de arte románica relixiosa que se conserva na localidade e unha das poucas de todo o Val Miñor. Dunha soa nave, terminada nunha ábsida semicircular, e cun brazo lateral, presenta remodelacións posteriores, tanto na fachada como no interior. Tamén poderás pasear pola ponte da Ramallosa, unha construción románica sobre o río Miñor que une as parroquias de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina (Baiona). Construída durante o século XIII, é moi probable que substituíse outra ponte de orixe romana, xa que se atopa no trazado da vía romana XX (per locca maritima) do Itinerario de Antonino. |
Cruceiro da Santísima Trindade |
|
Na parte alta de Baiona poderás atopar o barrio da Santísima Trindade. É neste lugar onde no século XV se instalou un fermoso cruceiro gótico coas figuras de Cristo e a Virxe e unhas figuras policromadas aos pés da Dolorosa, a Magdalena e o Apóstolo Santiago. Tempo despois, foi cuberto cun baldaquino renacentista. Sorprenderache o seu pequeno altar composto por unha lousa de granito xunto ao cruceiro, que servía para realizar as misas aos navegantes que fondeaban e que se resgardaban na baía de Baiona. Por este lugar circulaba a calzada que se coñeceu como Estrada Real e percorría desde A Ramallosa ata A Guarda. | |
Estación de arte rupestre Outeiro dos Lameiros |
|
En Baiona poderás viaxar ao pasado visitando a estación de arte rupestre situada a 180 metros de altitude, nun dos socalcos naturais da serra da Groba. Presenta máis de 20 rochas con gravados dunha antigüidade próxima aos 4.000 anos. Sobre todo o conxunto destaca unha parede vertical de 15 metros de longo e cinco metros de altura. Este lenzo excepcional reúne ata 78 figuras, a maior representación de cuadrúpedes da nosa arte rupestre. Tamén, en Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlase a maior concentración de reticulados de Galicia. |
Barrio do Arrabal |
|
Neste barrio nado ao abeiro do mosteiro de Oia atoparás espectaculares exemplos de arquitectura tradicional, como un cruceiro do século XVIII, os edificios de antigos cárceres, o lugar da Picota e a capela de San Sebastián, entre outros puntos de interese. Así mesmo, na enseada fronte á praia do mosteiro destacan os restos da Camboa, unha sorte de pesqueira empregada no pasado para a captura de peixe. | |
Peto e pontella de Loureza |
|
O río Tamuxe, tamén chamado Carballas, divide a serra do Argallo e os montes de Oia. Este val era un paso obrigado para as persoas chegadas do leste que ían cara ao mosteiro de Santa María de Oia. É por iso que varios camiños cruzaban estas serras en dirección a Baiona e á costa de Oia, onde se sitúa o mosteiro. Para vadear o río existían diversas pontes, das cales hoxe xa non queda nada. Con todo, aínda se manteñen en pé moitas pontellas e outros elementos relixiosos que seguen os pasos deses antigos e fermosos camiños primitivos. |
Castelo de Santa Cruz |
|
Se vas á Guarda tes que visitar a súa fortaleza, coñecida popularmente como castelo, construída arredor de 1664 como parte dos sistemas defensivos que se ergueron no tramo final do río Miño durante a Guerra de Independencia Portuguesa no s. XVII. Localizaralo no centro urbano da vila e conta con dúas portas de acceso peonil. Como se atopa máis elevada que a súa contorna, permite contemplar o centro urbano, o porto e a costa atlántica. No 1665 os portugueses tomaron a fortaleza e a vila, e construíron a atalaia do porto. Hoxe en día pódese visitar unha réplica que alberga o Museo do Mar. | |
Ruta das Cetarias |
|
Neste recuncho do noso xeodestino descubrirás as cetarias, viveiros de pedra construídos no século XIX na zona intramareal coas que se mantiña vivo o marisco antes da súa comercialización, algo que facilitou o renome gastronómico da Guarda. Coa Ruta das Cetarias poderás percorrer a costa ao longo de 4,6 km, comezando ao sur do porto coa primeira delas e continuando cara ao norte. Despois da praia de Area Grande, o sendeiro percorre a costa máis agreste e pódense contemplar os muros de pedra en seco dos terreos agrícolas ata chegar á cetaria máis monumental, coñecida como Cetaria Redonda. |
Área recreativa Ponte do Tamuxe |
|
Desfruta deste parque, con abundante arboredo e que ocupa o espazo do que no seu día foi o serradoiro Nandín, Vicente y Compañía, fundado en 1914 e disolto en 1932. Na contorna, aínda poderás ver restos dos muros da factoría e unha alta cheminea circular feita en ladrillo de barro cocido, a cal pertenceu ás caldeiras que movían as serras encargadas do corte da madeira. A poucos metros deste lugar atoparás a histórica ponte do Tamuxe, un dos símbolos do concello do Rosal. De posible orixe romana, tense constancia documental desta infraestrutura desde o século XV. A construción actual é de 1845. |
|
Cruceiros e almiñas do Rosal |
|
No Rosal tampén poderás ver máis de 50 cruceiros ou almiñas ou petos de ánimas froito do traballo de xeracións de canteiros que achegaron o seu esforzo e saber facer á construción destas estruturas, pensadas para protexer os camiños, pedir indulxencias ou lembrar algún feito relevante. Dentro das construcións populares, son esos petos de ánimas os que nos evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio e así alcanzar a felicidade no ceo. Non podes perderte a ruta que comeza no Calvario e que te levará polo cruceiro de Santo Antón, o cruceiro do Cemiterio, o cruceiro da Cancela de Furnos, o cruceiro Gordo, o cruceiro de Arríbez, as Almiñas do Calán, a Cruz de Martín, o cruceiro do Souto, a Cruz do Picón… |
Arquitectura indiana |
|
En Tomiño descubrirás grandes exemplos da arquitectura indiana, construcións realizadas maioritariamente entre o último terzo do século XIX e o primeiro do XX que abarcan diferentes tipoloxías e funcións e comprenden edificios públicos e privados, como escolas, salóns, casas consistoriais, lavadoiros, vivendas particulares ou palcos de música, entre outros. Todos eles foron financiados por emigrantes que regresaban de América, a maioría con aforros, uns poucos con fortunas. Unha das súas grandes obras foi a construción de numerosas escolas, como a Unión del Porvenir, rehabilitada no ano 2013. Foi promovida en 1918 por unha sociedade de emigrantes de Tomiño en Nova York, co obxectivo de impulsar a formación dos escolares con propostas progresistas e liberais, e realizar actividades lúdicas e recreativas para as familias dos asociados. |
|
O románico de Tomiño |
|
Imprescindible tamén coécer as mostras do románico en Tomiño. Arranca o teu percorrido na igrexa parroquial de Tomiño (Sta. María), procedente do mosteiro de Beneditinas, que antigamente estaba aquí situado e arredor do que xira a maior parte da historia deste municipio. Deixando atrás Vilachán, coa súa capela privada de Sanomedio, a antiga casa dos Pérez Bouzada e a anterior sede do concello, chegarás a Barrantes. Aquí, a igrexa de San Vicente constitúe outra xoia románica, tamén recordo dun antigo mosteiro beneditino. Atoparás ademais nesta parroquia dúas importantes casas brasonadas con acusadas modificacións: a Cerca e a da Inquisición ou dos Franco. Tamén houbo aquí varias capelas, entre as que cómpre destacar a de San Mauro (1650), na que se celebra unha popular romaría o día 15 de xaneiro. Chegando ao final do val do Tebra atópase Santa María de Tebra, igrexa románica do século XII que, ao igual que a anterior, pertenceu, xa en época moderna, á Encomenda de Beade da Orde de Malta. |
Ruta Xudía |
|
A comuna xudía medieval tudense tivo unha grande importancia na cidade e deixou unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal núcleo xudeu e xudeoconverso de Galicia. O exemplo máis importante móstrase na catedral, en cuxo claustro gótico se conserva un candelabro de sete brazos, testemuño da cooperación da comunidade xudía da cidade co poder político e económico, o cabido e o bispo, para construír no século XIII unha das xoias arquitectónicas de Tui como é o seu claustro. Os xudeus contaron con todos os elementos propios da súa comunidade relixiosa: sinagoga, xunto á muralla medieval e os antigos palacios episcopais; e cemiterio, xunto ao arrabalde histórico da cidade coñecido como Riomuíños. Tamén poderás atopar a casa de Salomón ou a de Moisés ou Aarón, situadas na rúa das Monxas, que datan do século XV, ademais da Torre do Xudeu (Casa Negra). Mergúllate nesta ruta visitando a colección de “sambenitos” da catedral de Tui conservados no Museo Diocesano, un ben patrimonial único no mundo. Así como a figura do médico e filósofo Francisco Sánchez (Tui, 1550 – Toulouse, 1623), autor da principal obra filosófica do humanisno: Quod nihil scitur. |
|
Camiño de Santiago |
|
A historia de Tui tamén está moi ligada ao Camiño de Santiago. A avenida de Portugal, o barrio da Barca ou o Arrabal de Freanxo constitúen os primeiros puntos que atravesan os peregrinos tras pasar a vella ponte. Adéntrate a continuación no conxunto histórico polo Piñeiro, a rúa Sanz, ata chegar á praza de San Fernando, onde a catedral de Santa María sorprende co seu crisol de estilos do románico ao gótico. A praza do Concello e a canella das Monxas, ao pé do convento das Clarisas, trazan o camiño cara ao túnel das Monxas para seguir serpeando polas estreitas rúas tudenses ata chegar á rúa Coengo Valiño, no barrio de Santo Domingo. A igrexa conventual do mesmo nome érguese ao pé do Camiño, do mesmo xeito que máis adiante o fai a de San Bartolomeu. Á súa beira, o percorrido leva os peregrinos ata un traxecto dominado pola natureza, que desemboca preto da ponte románica da Veiga do Louro. O camiño transcorre entre árbores e cruza despois ata a igrexa da Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, e Ribadelouro para chegar ata a ponte das Febres. |