Postais sonoras

As postais sonoras son un emblema do xeodestino. Con elas conta a súa propia historia… tamén a través da música.

As postais sonoras

Coa primeira postal sonora o xeodestino fai chegar unha composición de Frai Rosendo Salvado, emblemático misioneiro de Tui que levou a Galicia ás antípodas. A peza está interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González, que está a traballar nun disco sobre os libros de Frai Rosendo. Escoita como soa o primeiro rexistro físico da súa obra.

A da Illa de San Simón é unha fotografía de César Domínguez da ponte da illa, obra do enxeñeiro Alejo Andrade Yáñez. Vai acompañada da música de Paulina Ceremuzynska cantando a Mendiño (século XIII), ‘Sediam eu na ermida de San Simón’ con melodía contrafactum de “De profundis clamavi”. Gravación realizada polo servizo de produción da Radio Galega no ano 2006. 

As postais sonoras péchanse coa de Baiona, realizada cunha ilustración de David Sierra na que se recolle unha imaxe da Virxe da Rocha, obra do arquitecto e urbanista Antonio Palacios Ramilo.

Máis sobre as postais sonoras

Eurural

Cada ano o xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño publica unha ou varias postais sonoras coas que se pretende aglutinar a imaxe, a paisaxe, a música e a historia dos 14 concellos que o integran. Polo momento realizáronse postais de Tui, da Illa de San Simón en Redondela e da Virxe da Rocha en Baiona. Por suposto, estas postais irán crecendo co tempo para levar o noso territorio e a nosa música a todos os recunchos do mundo. Envíaas a aqueles que máis queres e sorpréndeos cunha postal única.

 
X