Ruta Antiga

Patrimonio por descubrir, misterios por resolver, lendas por escoitar… Imposible non percorrer os 14 concellos do noso xeodestino e non sorprenderse coas ducias de castros que atesouran, coa súa sorprendente colección de arte rupestre ou cos misterios monumentos funerarios, raíz dun mundo espiritual único e excepcional en toda a península ibérica.

Ver ruta en Google Maps

Descarga o arquivo

Castro e Santa Trega (A Guarda)

O castro de Santa Trega está considerado como un dos exemplos de cultura castrexa–romana máis importante do noroeste peninsular. É un dos lugares máis visitados de Galicia, capaz de sorprender a todos os seus visitantes pola súa localización, con cativadoras vistas ao río Miño, a Portugal e ao océano Atlántico.

Castro de Alto dos Cubos (Tui)

Visita o principal enclave da cultura castrexa nas terras de Tui, que foi decaendo co paso do tempo en favor do asentamento romano de Tude. O propio topónimo, ‘cabeza’ ou ‘alto’, fai referencia directa á súa particular situación: dende el pódese desfrutar dunha impresionante panorámica do val do Miño.

Petróglifos do Monte Tetón (Tomiño)

O monte Tetón, na parroquia tomiñesa de Tebra, sorprenderá aos visitantes cun dos conxuntos de arte rupestre máis importantes do sur de Europa, no que se atopan preto de 200 gravados en rochas da Idade de Bronce.

Salinas romanas do Seixal (A Guarda)

De todas as salinas romanas situadas na fachada atlántica é na Guarda onde atoparás unha concentración máis excepcional. As salinas romanas do Seixal e as rupestres de Camposancos forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño en todo o Imperio Romano ata agora documentado.

Castro da Peneda (Redondela)

O monte da Peneda considérase un dos lugares máis característicos da contorna da ría de Vigo. A razón? O seu miradoiro, ao carón dunha vella sobreira, dende o que o visitante pode divisar toda a ría, dende a súa formación na desembocadura do río Verdugo ata a ponte de Rande, coas illas Cíes ao fondo.

Petróglifos de Amoedo (Pazos de Borbén)

En Galicia encóntranse algúns dos maiores e máis espectaculares xacementos de Europa. A cantidade de petróglifos, así como a calidade e a variedade dos gravados, sitúan Amoedo como lugar de visita obrigada para os amantes da arte rupestre ibérica.

Monte da Cidade. Ponte dos Mouros (Fornelos de Montes)

Se te achegas ao Monte da Cidade descubrirás numerosos elementos patrimoniais datados en distintas épocas, entre os que destaca un castro Idade de Ferro. Este lugar máxico asombrarache coa súa simbiose cultural entre arquitecturas e espazos producida ao longo dos séculos que non é doada de explicar.

X