Postal sonora da Illa de San Simón – Redondela

Postal sonora da Illa de San Simón – Redondela

Comparte a ponte da illa de San Simón, en Redondela, obra do enxeñeiro Alejo Andrade Yáñez, a través da música desta postal sonora do xeodestino. Paulina Ceremuzynska canta a Meendinho (siglo XIII) interpretando o seu “Sediam’ eu na ermida de San Simón’ con melodía contrafactum de “De profundis clamavi”.

Música da postal

Paulina Ceremuzynska canta a Meendinho (século XIII) – “Sediam´ eu na ermida de San Simion”

Melodía

Contrafactum de “De profundis clamavi”

Intérprete

Paulina Ceremuzynska.
Gravación realizada polo servizo de produción de Radio Galega. Ano: 2006

Fotografía

César Domínguez.
Imaxe: ponte da illa de San Simón, obra do enxeñeiro e arquitecto Alejo Andrade Yáñez ( Lugo, 1793 – 1844)

Na fotografía obsérvase a ponte do arquipélago de San Simón, que une as illas de San Simón e San Antonio. Trátase dunha obra realizada polo arquitecto e enxeñeiro de camiños Alejo Andrade Yáñez e nela poden contemplarse tres arcos soportando a monumental estrutura que, como o resto de muros e peiraos das dúas illas, descubren un imponente traballo de cantería. San Simón acolleu o lazareto atlántico, inaugurado en 1842, se ben as obras de ampliación continuaron ata 1849. Na actualidade aínda se conservan algúns dos edificios primitivos que incorporaron a vangardista arquitectura hospitalaria francesa de finais do século XVIII e parte da paisaxe vexetal, que por entón se inspiraba nos ideais dos xardíns románticos, onde destaca o fermoso e espectacular Paseo dos Buxos.

Ponlle música á postal Paulina Ceremuzynska, quen canta a Meendinho (siglo XIII) interpretando “Sediam’ eu na ermida de San Simion” sobre a melodía do ofertorio gregoriano “De profundis clamavi ad te Domine”. A artista inspirouse nesta música sacra porque, tal vez, era coñecida por Meendinho. Con esta idea, Paulina Ceremuzynska subraia a dobre dimensión da cantiga, onde a muller que canta pode ser unha moza o un espírito.

X