O Templo Votivo do Mar en Panxón (Nigrán)
Achégate ata este templo construído entre 1932 e 1937 e consagrado á Virxe do Carme, a patroa do mar. Deseñado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, autor dalgúns dos edificios máis senlleiros do centro de Madrid do século XX, inspirouse no arco visigótico da desaparecida igrexa parroquial de San Xoán de Panxón, situado xusto en fronte do templo.