Postal sonora de Tui

Postal sonora de Tui

O xeodestino conta a súa propia historia… tamén a través da música. Con esta postal sonora fai chegar unha composición de Frai Rosendo Salvado, emblemático misioneiro de Tui que levou a Galicia ás antípodas. A peza está interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González, que está a traballar nun disco sobre os libros de Frai Rosendo. Escoita como soa o primeiro rexistro físico da súa obra.

Música da postal

Fray Rosendo Salvado
(Tui, 1814 – Roma, 1900)

Fragmento da obra

Fantasía, Variacións e Final para pianoforte. Compostas e dedicadas á Excelentísima Señora Condesa Lebzenltern

Intérprete

Andrea González Pérez.
Gravado no Teatro Municipal de Tui en 2014

Fotografía

Vista panorámica de Tui

foiFray Rosendo Salvado fue un clérigo da orde benedictina, misioneiro, abade e bispo, aínda que polos seus estudos, investigacións e labor como protector das comunidades indíxenas tamén está considerado como un excepcional antropólogo e naturalista. A todo isto hai que engadirlle o seu aínda pouco recoñecido talento como compositor e pianista.

Estudiou órgano e composición na abadía asturiana de San Juan de Corias e foi nomeado organista da abadía de San Martín Pinario. En 1838 Rosendo incorpórase ao mosteiro napolitano de Cava dei Tirreni, onde di a súa primeira misa e perfecciona os seus estudos musicais, exercendo funcións como mordomo, organista e mestre de coro.

En 1846 inicia a súa expedición misioneira en Australia Occidental onde, co paso dos anos, sería protagonista da vida relixiosa e social da rexión. En Perth daría numerosos concertos benéficos cos que recadou fondos para a súa abadía de Nueva Nursia, o que lle proporcionou un gran prestixio musical e influencia nas bandas e agrupacións musicaos locaos que fan arranxos das súas composicións.

A peza musical incluída na postal, interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González, puido ser composta en Nueva Nursia con destino ao concerto que se celebrou no concello de Perth en xuño de 1873, segundo indica o musicólogo galego Xoan M. Carreira en “La música para piano de Dom Rosendo Salvado”.

X