O tren é outra das opcións para chegar ao noso territorio de maneira cómoda a través das diferentes liñas que conectan Galicia co resto de cidades españolas e europeas e das liñas que comunican as distintas cidades galegas. As estacións de maior tamaño próximas ao xeodestino son as dúas terminais de Vigo, Urzáiz e Guixar, ambas no centro da cidade, ás que se pode chegar desde Madrid, Barcelona, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ponferrada, León, Bilbao, Alacant e O Porto, entre outras, e desde alí desprazarse a calquera dos nosos 14 concellos.