Esta ponte saborea o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Esta ponte saborea o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Esta ponte saborea o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Do 4 ao 8 de decembro unha food truck percorrerá Vigo, Ourense e A Coruña para dar a coñecer o potencial gastronómico e vitivinícola do territorio

Esta ponte saborea o  Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño A enogastronomía do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño percorrerá Galicia durante esta ponte. Do sábado 4 ao mércores 8 unha food truck visitará Vigo, Ourense e A Coruña en horario de 12.30 a 14.30 horas para dar a coñecer o potencial vitivinícola e a oferta gastronómica que posúe o territorio. Durante estes cinco días, o público poderá degustar as especialidades das comarcas mediante tapas de primeira calidade acompañadas dunha copa de viño.

A actividade arrancará no centro comercial Vialia de Vigo, onde estará os días 4 e 5 de decembro. Aquí, ademais da food truck o público poderá desfrutar dun showcooking a través do que poderán coñecer de primeira man a elaboración de cada unha das tapas que se degustarán durante a ruta.

Os días 6 e 7 de decembro a food truck trasladarase á rúa do Paseo de Ourense, para rematar o mércores 8 de decembro na Zona Marina-Parrote da Coruña. O Xeodestino porá fin á actividade na localidade coruñesa cun showcooking e cunha actuación musical dos cantantes da orquestra París de Noia. En colaboración con eles porase en marcha un concurso en Instagram e Facebook no que se sortearán tres exclusivas Spotifyplacas dos seus grandes éxitos asinadas por todo o equipo da orquestra.

Como complemento á actividade, en todos os espazos que visite estes días o Xeodestino haberá un punto selfie para que todas as persoas que acudan a desfrutar da gastronomía do territorio poidan sacarse unha foto coa tapa ou co viño e compartila nas redes sociais etiquetando ao Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño empregando o hashtag #Nontevaiassenprobar.



X