Nigrán

Escapa a Nigrán, en pleno corazón do Val Miñor e déixate conquistar polas súas incribles praias de area branca, os seus verdes montes, o seu patrimonio, a súa cultura, a súa gastronomía e a súa historia. Esta localidade sorprenderate co seu patrimonio cultural diverso, no que poderás descubrir dende un grande hórreo de dous andares no pazo de Pías ata petróglifos da Idade de Ferro en Chandebrito ou os castros de Panxón, historias de seres humanos que foron deixando a súa pegada nesta localidade en forma de legado cultural, con numerosos edificios e obras civís e relixiosas que salpican o municipio e dan pistas dos costumes dos seus creadores.

A natureza deste recuncho do noso territorio tamén te marabillará. Podes gozar de cada recuncho con seis rutas circulares de sendeirismo, coa Senda Azul que vai dende Panxón ata Montelourido, co Camiño de Santiago Portugués pola Costa que atravesa o municipio. Achégate ao alto valor ecolóxico do ecosistema de dunas Praia América-Panxón ou do espazo natural da Ramallosa, cos cantís de Monteferro ou as illas Estelas, declarado Rede Natura 2000. Pasea polos seus dourados areais, perfectos para practicar deportes náuticos, ou adquire perspectiva dende un dos seus catro miradoiros naturais con espléndidas vistas.

E non podes perder as súas festas, que conservan un interese cultural e etnográfico que, unido ao seu patrimonio, reflicten o carácter e a personalidade da súa veciñanza. Non quererás perder ningunha!

 

Máis información

X