Postal sonora de Baiona

Postal sonora de Baiona

Transpórtate ata Baiona con esta postal sonora que ten como protagonista á Virxe da Rocha, unha obra do arquitecto e urbanista Antonio Palacios Ramilo. Coa ilustración de David Sierra.

Música da postal

Ángel Rodulfo
(Baiona, 1880 - Vigo, 1956)

Fragmento da obra

Preludio do apropósito lírico, a Virxe da Rocha

Intérprete

Alejo Amoedo.
Gravación realizada no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo o 22-12-2020.

Ilustración

David Sierra.
Imaxe da Virxe da Rocha, Baiona. Escultura do arquitecto Antonio Palacios (O Porriño, 1874 - Madrid, 1945)

Ilustración da Virxe da Rocha, escultura construída en granito sobre as rochas do monte Sansón polo grande arquitecto porriñés Antonio Palacios. A obra, de 15 metros de altura, foi inaugurada no ano 1930 e representa á Virxe sostendo na súa man dereita unha barca á que se accede por unha escaleira interior de caracol realizada en pedra. A cara e as mans da Virxe son de mármore blanco, obra de Ángel García, e a súa corona foi construída en porcelana.

A música da postal, interpretada polo pianista Alejo Amoedo, é o Preludio do apropósito lírico “A Virxe da Rocha”, composición do sacerdote Ángel Rodulfo . Esta zarzuela, con letra de José María Barreiro, estaba ambientada en Baiona e estreouse en setembro de 1910. Tamén se presentou no Teatro Real de Madrid e tivo ata sete representacións máis, entre 1911 y 1924, por diversas localidades galegas como Santiago de Compostela, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Baiona, co obxectivo principal de recadar fondos para terminar este monumento do xenial arquitecto galego.

X